HomesociedadeA Xunta anuncia probas PCR entre a veciñanza do Incio tras dispararse...

A Xunta anuncia probas PCR entre a veciñanza do Incio tras dispararse os casos da residencia

O alcalde está illado tras ter contacto cunha persoa da residencia.

Publicado o

- Advertisement -

Sanidade realizará un cribado entre os veciños do Incio para detectar contaxios de coronavirus despois de que o brote vinculado coa residencia de maiores da localidade aumentase en 49 casos, entre usuarios e traballadores do centro xeriátrico.

Así o confirmou o propio alcalde do municipio, Héctor Corujo, que se atopa illado por ter contacto con persoal da residencia. O rexedor trasladou este mércores unha mensaxe de “ánimo e fortaleza” aos traballadores do centro, que “están a desenvolver un traballo tan duro como imprescindible”, así como a “total colaboración” do Concello tanto co centro xeriátrico como coa Consellería de Sanidade.

“Sanidade está a facer un traballo intenso no rastrexo de contactos daquelas persoas que deron positivo para conter de forma urxente outros positivos, posteriormente fará un cribado entre os veciños para coñecer o alcance do brote e articular as medidas que correspondan”, afirmou.

Segundo os datos de Política Social e Sanidade, actualmente hai 113 casos activos de COVID-19 na residencia do Incio, que son 49 máis que os notificados hai 24 horas. Así, o número de usuarios contaxiados disparouse de 56 a 87 e o de traballadores subiu de 8 a 26.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...