HomesociedadeO 2 de setembro comeza a reparación da estrada afundida en Belesar

O 2 de setembro comeza a reparación da estrada afundida en Belesar

Este mércores, 2 de setembro, comezarán os traballos de reparación da estrada LU-P-1804, que vai Chantada a Belesar por San Pedro de Líncora, afectada por un desprendemento de terra o día 13 de agosto debido ás intensas chuvias. A institución provincial investirá preto de 140.000€ nestas actuacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta estrada tivo que ser cortada ao tráfico á altura do punto quilométrico 6, na aldea de Belesar, enfronte do embarcadoiro da Deputación, para garantir a seguridade dos vehículos logo de producirse un desprendemento de terra e o afundimento de parte da calzada. 

As obras consistirán en realizar en primeiro lugar unha pantalla de micropilotes para poder soster o terreo existente e a continuación escavarase unha plataforma de traballo. Executarase un muro de mampostería para proceder á reconstrución da estrada e facer o recheo pertinente. Despois está previsto que se pavimente o treito con aglomerado en quente e realizarase a correspondente sinalización. “Dado que este punto xa se derrubou nos anos 60, con esta obra queda garantido que neste lugar non vai volver a caer,” subliñou o Presidente

Os traballos estarán condicionados polo estado e comportamento do terreo e tamén polas condicións meteorolóxicas dos vindeiros días, que poderán alterar o ritmo e as tarefas previstas. O prazo de execución é de dous meses, pero previsiblemente as actuacións poderán rematar con anterioridade. 

Mentres duren as obras, seguirán habilitados desvíos alternativos pola ponte de Belesar e pola estrada  LU-533.

O Presidente subliña que a Deputación traballou coa máxima axilidade posible para valorar as actuacións que son necesarias e aprobar o orzamento preciso para arranxar o problema e restablecer o tráfico. “Dende que se produciu o desprendemento ata o inicio das obras, previsto para mañá, pasarán vinte días, co que, tendo en conta a envergadura da actuación e a súa complexidade técnica, a resposta foi rápida”.

ÚLTIMAS

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...