HomesociedadeO Courel acolle o encontro de mulleres con discapacidade intelectual

O Courel acolle o encontro de mulleres con discapacidade intelectual

Do 24 ao 26 de setembro a Aldea do Mazo no Courel acollerá un encontro entre mulleres con discapacidade intelectual, a través do que se pretende promover novos vínculos e alianzas entre mulleres nun ambiente formativo e lúdico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro contará cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir. Por iso o escenario na Aldea do Mazo en Meiraos, Folgoso do Courel, tampouco é casual: unha contorna natural coa que se pretende reivindicar a necesidade de visualizar ás mulleres do rural. 

O acto principal terá lugar o día 26 coa presentación da nova curtametraxe da FederaciónLilith“, unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a culpa, a infantilización a sexualidade ou o decoñecemento social que hai cara a discapacidade intelectual. 

A inscrición para participar neste encontro permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de setembro, (neste link) e deberá enviarse cumprimentada a areasocial@fademga.org

Programa completo

24 de setembro

  • 18:00 Saída dende Santiago ata o Courel 21:30 Cea de benvida en Aldea do Mazo

25 de setembro

  • 10:00 a 10:15 Inauguración
  • 10:15 a 11:00 As mulleres no eido rural (FADEMUR Galicia)
  • 11:00 a 14:00 Obradoiros simultáneos

Expresión corporal
A cargo de Belén Bernardo (terapeuta corporal)

Expresión artística
A Cargo de Reina d ́Hoore (Arte&coaching)

  • 14:00 Comida
  • 16:30 a 19:00 Obradoiros simultáneos.

“O meu corpo e eu”
A cargo de Melisa Silva (Con mucho gusto )

“Empoderamento”
A cargo de Rocío Rey (FADEMGA)

  • 21:30 Cea

26 de setembro

  • 11:00 a 12:00 Preestrea da curtametraxe “LILITH” – debate
  • 12:00 a 13:00 Os nosos retos
  • 14:00 Comida

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...