HomeEconomíaCC.OO. ‘anima a consumir’ para que non morra o comercio

CC.OO. ‘anima a consumir’ para que non morra o comercio

A representación desta forza sindical na zona sur de Lugo reflexiona sobre o efecto dos gromos de coronavirus na economía local e convida a axudar co consumo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mario Docasar, nun comunicado público como secretario de acción sindical de CC.OO., amosa a súa preocupación polos gromos da covid-19 en Lugo, pero especialmente en Lemos e Sarria.

“Non entendemos a baixada da garda dalgúns colectivos que seguen sen concienciarse das consecuencias que supón para a economía e para o emprego”, sinala Docasar.

Segundo indica, actualmente hai uns 1.667 Ertes e 8.436 traballadores en situación moi precaria co agravante de que na hostalería e no comercio moitos deles, que xa foran rescatados, volveron formar parte de novos expedientes. Láiase especialmente de Monforte onde considera que “a hostalería está baixo mínimos dando unha imaxe desoladora con graves consecuencias económicas e perdas de postos de traballo”.

Con este panorama, e nun chamamento final, Mario Docasar convida a que todas e todos os monfortinas/os consuman e gasten nos establecementos locais, “que son a nosa galiña dos ovos de ouro”, pois representan o 65% do emprego na zona.

ÚLTIMAS

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas...

Sober reforza a compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada que conte...