HomeOpiniónLume, o custe emocional e ambiental e o interese económico

Lume, o custe emocional e ambiental e o interese económico

En forma de Xeoparque no Courel e de Patrimonio da Humanidade na Ribeira Sacra, semella que a UNESCO sería un escudo protector fronte o lume. Oxalá. Pero os incendios son unha inmensa fonte de ingresos cun custo mínimo para quen se beneficia deles.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Que terrible é perder as lembranzas de toda unha vida nun incendio. Eu levo visto moitos e as vítimas dos mesmos teñen moita máis dor pola perda de fotografías, cartas, obxectos da infancia ou mesmo prendas que polo valor económico do inmoble abrasado. Incluso aínda que non se viva nela, a casa da nosa infancia é a nosa verdadeira patria. Alí están as nosas mellores lembranzas e alí seguen no aire os soños que unha vez tivemos. É devastador enfrontar o feito de que o lume as levou por diante e nunca volverán.

Un cortocircuito, unha mala combustión, unha estufa que queda prendida…a causa máis tonta pode esgazar en segundos o que levou toda unha vida construir. O lume rara vez é bon. No lume queimaba a Inquisición a bruxas, herexes e xudeus. Con lume se presentaba o ku-klux-klan nas precarias vivendas dos afroamericanos para executalos. Foi o lume escupido polo Vesubio o que arrasou toda Pompeia. Tamén a parte vella de Lisboa, o Liceo de Barcelona ou a antiga Roma imperial foron pasto das lapas

Incendio na Casa dos Ulloa, en Sarria / EP

Canta sabedoría se perdeu ao longo da historia porque os fanáticos preferiron queimar os libros antes que entendelos?

Certo que en ocasións o lume pode ser purificador. Queimar cadáveres contribuiu a frear pestes. E por todo o mundo se celebran rituais onde o lume simboliza a expiación e a renovación. Sexa como sexa, o paso do lume nunca deixa indiferente a ninguén. E nestes tempos de capitalismo desatado, é o lume moitas veces o que está detrás das máis insospeitadas especulacións inmobiliarias.

Un monte ordenado, poboado e limpo é a mellor forma para previr incendios forestais.

Neste final do verán o lume volve ser protagonista por toda Galicia. Na Ribeira Sacra “caeu” en Quiroga e Ribas de Sil pero o fume -mesturado co dos incendios de Ourense- deixouse sentir por toda a comarca.

Incendio en Seoane, Monforte (arquivo) / @Incendiosgalic1 en Twitter.

Cada ano son milleiros as hectáreas do noso monte que arden pola acción duns desalmados e que fan Galicia un pouco menos verde. Agora, como sempre, dedicaremos as vindeiras semanas a lembrar que un monte ordenado, poboado e limpo é a mellor forma para previr incendios forestais. E que hai que investir no rural, ser emprendedores, fixar poboación e bla bla bla. Non hai administración pública que non teña o seu programa de axudas para encher de xente unhas aldeas que, sen embargo, cada vez teñen menos veciños.

En forma de Xeoparque no Courel e de Patrimonio da Humanidade na Ribeira Sacra, semella que a UNESCO sería un escudo protector fronte o lume. Oxalá. Pero os incendios son unha inmensa fonte de ingresos cun custo mínimo para quen se beneficia deles. E neste mundo o único máis importante que a redución de custos é a obtención de beneficios económicos.

Trama urdida polo gran capital para crear medo

Dende a década de 1980 os lumes forestais son algo inherente ao mes de setembro. Xa hai 30 anos que Serrat cantaba aquelo de “Todos contra el fuego” e seguimos igual ou peor. Lonxe de solucionarse, parece un problema enquistado no rural co que xa se da por feito que hai que convivir. Como a vellutina, o mildeu ou o exceso de xabaril.

En fin. Volvendo ao inicio, lembro unha familia do barrio lugués da Residencia que viu como nunha tarde se esfumaba toda a súa historia porque os okupas que entraron na súa casa decidiron facer churrasco e consideraron que o mellor combustible eran as fotos e pertenzas dos donos da vivenda. Alá foi todo.

A esa familia hai que decirlle claramente que acuda ás redes sociais. Alí poden comprobar que os okupas non existen e que son só un invento da oligarquía para manternos entretidos cun inimigo irreal mentres deseñan as políticas que rexirán a nova orde mundial. Non houbo tales okupas, non ardeu nada e, se ardeu, foi unha trama urdida polo gran capital para crear medo e que temamos ós okupas e non os verdadeiros delincuentes.

Iso é o que pasa cando, ante un problema moi serio, o único que saben dicir os responsables de solucionalo é que “es complicado”.

Incendio forestal. Foto: Carlos

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...