HomeMedio ambiente e PatrimonioProendos pode ocultar unha cidade romana

Proendos pode ocultar unha cidade romana

Publicado o

- Advertisement -

“Unha vila grande ou unha cidade pequena romana”, apuntou o alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, é a incógnita que se apunta tras os últimos restos arqueolóxicos desenterrados no xacemento da parroquia de Proendos.

Unha intervención na escavación esta semana sacou á luz os primeiros restos de estruturas de edificacións probablemente romanas localizadas a un nivel moi superficial.

A Consellería de Cultura decidiu iniciar esta actuación tras os resultados obtidos na prospección geofísica que levou a cabo o Concello en 2019. Respecto diso, o alcalde apelou a que “historicamente se falaba dunha vila romana en Proendos, e eses restos arqueolóxicos foron aparecendo ao longo dos anos, cando se comezou a traballar nas terras principalmente cando se usaron os arados modernos apareceron sempre restos”.

“En moitas casas da parroquia hai columnas ou outro tipo de restos que se documentan que son de orixe romana”, constatou o rexedor. Por iso, o Concello apostou por “traballar pensando que ese potencial arqueolóxico pode servir como elemento dinamizador e turístico” do municipio.

“O ano pasado fíxose unha primeira fase que foi pasar o xeoradar pola área e considerábase que había restos”, manifestou o alcalde de Sober. “Vese que hai unha vila moi importante, porque é unha área moi grande, o xeoradar pasou por unha contorna de catro hectáreas, e vese que hai restos nese mesma contorna”, sinalou.

Fernández Guitián anticipou que se continuará con estes traballos “nos meses sucesivos, facendo máis prospeccións con xeoradar e tamén máis catas”. “Imos tratar de facer un estudo o máis minucioso posible do que podía ser esa importante vila romana que estaba asentada no corazón da Ribeira Sacra”, avanzou.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...