HomeEconomíaAxudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos de Monforte

Axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos de Monforte

O Concello de Monforte abre, este mércores 7 de outubro, o prazo de presentación de solicitudes para as axudas ó transporte de estudantes universitarios e de ciclos de formación, logo da publicación das bases que regulan estas axudas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

prazo de presentación destas axudas rematará o 30 de outubro do 2020. Pode optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

O Concello fixa a contía destas axudas en 14.000 €, para os gastos de transporte do curso 2020/2021, en concreto, do período establecido entre setembro do 2020 e ata xullo do 2021.

En relación co ámbito educativo, o Concello tamén dispuxo nas pasadas semanas unha liña de axudas de case 24.000 euros, en concreto 23.920 €, para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario.

Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. En función destes criterios, cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros. As instancias para participar neste concurso atópanse a disposición dos interesados na páxina web municipal, http://www.monfortedelemos.es/gl/axudas/, e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...