HomeCulturaCancelado o Esmorga Fest 2020

Cancelado o Esmorga Fest 2020

A asociación EsmorgaArt que organiza o Festival en Sarria anuncia a súa cancelación para este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do Esmorga Fest anuncia que debido á redución de aforos e á necesidade de manter distancia de seguridade, non é posible levar a cabo esta edición dunha forma segura, e dentro do marco que marcan as autoridades. “Só podemos agradecervos todas as mensaxes de ánimo e apoio que recibimos todos estes meses e pola paciencia que demostrastes. A cancelación o día antes do festival supuxo un duro golpe, tanto para o noso ánimo como para a saúde económica do festival. Pero isto non fará que cesemos no noso empeño, de seguir sacando adiante unha nova edición do Esmorga Fest,” sinalan desde a organización.

Agradecen o traballo de todos os artistas, técnicos e traballadores do Esmorga Fest. Agradecen tamén a solidariedade dos que comunicaron que non desexan recibir o importe da entrada, “dándonos a oportunidade de poder regresar, non sabemos cando, nin como será iso, pero volveremos!”

En breve comunicarase o procedemento para a devolución de entradas, mentres desde a organización lamentan o anuncio de cancelación, “podedes imaxinar que nos rompe o corazón ter que transmitir esta noticia.”

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...