HomeCulturaO teatro volve a Monforte no último trimestre

O teatro volve a Monforte no último trimestre

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no último trimestre do ano 2020, contando coas medidas de seguridade necesarias ante o Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A participación do Concello de Monforte na Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Para público Adulto:

  • Bernarda da compañía de teatro Malasombra, o xoves 15 de outubro.
  • Chola a it girl de ArtesaCía, o xoves 29 de outubro.
  • A conquista da escola de Madhubai da compañía Teatro do Atlántico, o xoves 12 de novembro.
  • A compañeira de piso da compañía Contraproducións, o xoves 26 de novembro.
  • Curva España de Chévere, o xoves 10 de decembro.

Para público Infantil:

  • Animais de compañía da compañía Teatro do Noroeste, o luns 28 de decembro.

Todas as representacións da rede de Teatros e Auditorios levaranse a cabo no Edificio Multiusos ás 20:15 h excepto a obra infantil que será ás 18:00 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

O programa da Xunta de Galicia “A Cultura segue” traerá a Monforte unha representación teatral para público infantil e familiar da Compañía Sarabela Teatro titulada Proxecto Noee. A actuación no Edificio Multiusos será o sábado 31 de outubro ás 18:00 h, sendo a entrada gratuíta ata completar o aforo.

A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo a través do  seu programa “Ciclo Seráns Teatrais” incluirá en Monforte a obra Poeta en Nova York da compañía Teatro baixo da area, representación que se desenvolverá no Edificio Multiusos o xoves 17 de decembro ás 20:15 h coa entrada gratuíta ata completar a capacidade do local.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...