HomePolíticaO PP de Monforte demanda solucións no embarcadoiro de Ponte do Sil

O PP de Monforte demanda solucións no embarcadoiro de Ponte do Sil

O grupo municipal do PP de Monforte esixe á Deputación que a maior brevidade posible solucione os problemas de eliminación das augas residuais da cafetería do embarcadoiro de Ponte do Sil (antes de Doade), no concello de Monforte, e faga os trámites necesarios para poñela de novo en servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A contorna do embarcadoiro ofrece a día de hoxe unha imaxe de abandono, cos contedores de lixo a rebordar e con lixo amoreado no seu entorno, que están a vista dos visitantes que recorren o río nos catamaráns.

A portavoz do PP en Monforte, Katy Varela, sinala: “Á vista das queixas que nos chegaron, visitamos o embarcadoiro e comprobamos o estado de abandono ao que o ten sometido o presidente da Deputación, José Tomé, alcalde de Monforte. Isto é a mostra do pouco interese que ten o presidente da Deputación e alcalde de Monforte, no fomento do turismo, porque este embarcadoiro é moi utilizado polos visitantes; non se pode tolerar que os contedores estean sen baleirar e o lixo estea amoreado no chan”

Varela explica: “Actualmente non hai servizo de cafetería, por un problema de vertidos residuais ao río. Polo menos ese foi o argumento utilizado pola deputación para non conceder a prórroga solicitada por quen tiña a concesión da explotación desta cafetería. O caso é que pasaron os meses e nin se arranxou o problema dos vertidos e a concesión segue sen tramitarse”.

O embarcadoiro leva un ano xa sen servizo de cafetería, os populares anuncian que insistirán no Concello de Monforte e na Deputación na reclamación de medidas para corrixir o problema dos vertidos e a inmediata tramitación da concesión da cafetería.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...