HomesociedadeDespois de 30 anos refórmase a oficina da Seguridade Social de Monforte

Despois de 30 anos refórmase a oficina da Seguridade Social de Monforte

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anuncia que a Seguridade Social acometerá a reforma integral da súa oficina de atención ao público en Monforte de Lemos. O Instituto Nacional da Seguridade Social xa sacou a concurso a redacción do proxecto e dirección de obras para levar a cabo as obras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O INSS xa licitou a redacción do proxecto, que foi publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público o pasado venres. A redacción do proxecto e dirección de obras conta con un investimento previsto de 58.204,87 euros e o prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o día 2 de novembro.

A execución deste proxecto suporá a consolidación dunha rede composta por sete centros comarcais que cobren todo o territorio provincial, permitindo unha atención próxima ao cidadán e co menor tempo de espera na concesión de cita previa de todo o país, segundo afirmou o director provincial, Juan José Rodríguez Gude

Con este novo investimento, que se suma á construción dun novo centro en Viveiro, cuxa finalización está prevista para marzo de 2021, e ao acondicionamento da oficina de Mondoñedo que se fará antes de finalizar este ano, o INSS poñerá a punto todos os seus centros de atención na provincia de Lugo.

PRIMEIRA REFORMA EN TRINTA ANOS

Con esta obra preténdese remodelar e acondicionar de forma integral un centro de atención ao público, situado na rúa San Pedro, número 4, en Monforte, que conta cunha superficie de 382 metros cadrados e que non fora reformado desde a súa apertura hai 30 anos, estando actualmente obsoleto. 

Grazas a esta reforma ampliarase a zona de espera e autoxestión do público, renovaranse as instalacións eléctricas e de calefacción e dotarase dunha maior luminosidade e sensación de amplitude ao local. Unha vez aprobado o proxecto, o INSS licitará as obras, cuxo comezo se prevé a principios de 2021. 

Actualmente prestan servizo neste centro un total de 7 funcionarios que atenden a 16.000 usuarios ao ano das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, abarcando así unha poboación potencial de 50.000 persoas.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...