HomesociedadeOs veciños de Marrube, no Saviñao, xa teñen auga corrente

Os veciños de Marrube, no Saviñao, xa teñen auga corrente

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou este mércores a execución das obras de dotación dunha rede de abastecemento de auga á parroquia de Santa María de Marrube, no concello do Saviñao, obras que financiou integramente a institución provincial con 182.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita aos traballos, José Tomé estivo acompañado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde do Concello do Saviñao, Juan Carlos Armesto. 

José Tomé lembrou que este proxecto, que “dota dun servizo básico a un cento de veciños e veciñas de Marrube”, é froito dun convenio que o propio Presidente asinou co Alcalde do Saviñao a finais do ano pasado no Pazo de San Marcos, a través do que a Deputación aporta os 182.000€ necesarios para acometer as obras da rede de abastecemento de auga. O Concello contratou os traballos e ocupouse das memorias técnicas, de aportar os terreos precisos e das autorizacións pertinentes.

O Presidente da Deputación subliñou que este investimento no Saviñao responde “ao noso compromiso de cooperar cos 67 concellos da provincia, teñan a cor política que teñan, para que poidan prestar servizos públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas, o que favorece o seu benestar e contribúe a fixar poboación no rural”. “Dotar de servizos públicos aos veciños e promover o emprego sostible é a mellor política demográfica”, recalcou José Tomé.

As obras da rede de abastecemento

As actuacións levadas a cabo consistiron en instalar unha rede de abastecemento de auga potable dende a conexión da rede do núcleo urbano de Escairón ata cada un dos núcleos rurais da parroquia de Marrube: A Fonxe, Castiñeiras, A Devesa, Eirexe, Felón, Mendreira, Outeiro, A Penela, Saa, Vigo, Vilameá, Vilar e Vilaseco. 

Destaca a instalación dunha tubaxe, de tipo ramificado, de polietileno de alta intensidade de 25 mm de diámetro, e dunha válvula de acometida con tapa de fundición resistente ao paso dos vehículos. Deste xeito, todas as vivendas da zona contan con arqueta, con chave de paso. 

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...