HomePolíticaProblemas co saneamento en Eimer?

Problemas co saneamento en Eimer?

Os socialistas de Bóveda denuncian a falta de mantemento e limpeza do saneamento en Eimer

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación Socialista de Bóveda denuncia os problemas de saneamento que están sufrindo as veciñas e veciños de Eimer en Bóveda. “Os sumidoiros están completamente atascados pola falla de mantemento e limpeza”, advirte a voceira socialista Carmen Macia.

“Foron os propios veciños os que nos trasladaron esta lamentable situación de abandono por parte do Concello. Tras visitar a parroquia, puidemos comprobar como os afectados teñen que soportar os malos olores diante das portas das súas propias casas”, dixo Macia.

Por iso empraza ao Alcalde e a todo o equipo de Goberno “a darse unha voltiña pola parroquia, e comprobar in situ cal é a situación dos sumidoiros de Eimer, e de paso atopar unha solución a este problema. Os bovedenses pagan impostos, e polo tanto tamén teñen dereito a que se solventen este tipo de actuacións na vila”, resumiu.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...