HomePolíticaO BNG do Saviñao leva a sanidade do concello ao Parlamento

O BNG do Saviñao leva a sanidade do concello ao Parlamento

O BNG presenta unha proposición non de lei para que o Parlamento galego inste á Xunta de Galiza a manter aberto o consultorio de Currelos e a dotalo do persoal necesario para manter os servizos sanitarios achegados á poboación. Piden tamén o Centro de Saúde do que depende este consultorio coa dotación de persoal precisa máis alá do número de TIS.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Concello do Saviñao, que conta con algo menos de 4000 habitantes, existe un Centro de Saúde na capitalidade, Escairón, e un consultorio en Currelos que se encontra a uns 13km de distancia e atende a unha poboación de 700 habitantes aproximadamente.

O consultorio de Currelos sempre tivo a eiva, segundo o BNG, de non contar con persoal administrativo nin celador, causando isto distorsións na asistencia á poboación, de modo que o resto de persoal tiña que facerse cargo de máis tarefas administrativas das que lles correspondería como persoal sanitario.

No Centro de Saúde de Escairón hai un médico próximo á xubilación, e dado que quen ostenta responsabilidades no SERGAS alude sempre á falta de profesionais. Tal e como sinalan desde o BNG, a poboación ten o temor de que non se cubra esta ausencia, e si se faga desaparecer esta praza. “É público, tamén, que en Escairón se está a construír un novo Centro de Saúde, e que non é descartable, xunto co resto de reseñas mencionadas, que isto todo signifique o peche do consultorio de Currelos para que se manteñan 3 profesionais en Escairón a conta de afastar a asistencia sanitaria da poboación,” sinalan desde o BNG.

Nesta situación o BNG insta á Xunta a manter aberto o consultorio de Currelos e a manter a praza do médico de Escairón. Ademais tamén se rexistraron as seguintes preguntas para que o goberno galego as resposte:

  • Que intencionalidade ten o Goberno da Xunta de Galiza de non cubrir a interinidade que vai deixar o médico que está para xubilarse?
  • Pensan pechar o consultorio de Currelos?
  • Van dotar a este consultorio de persoal administrativo, PSX, como correspondería?
  • Están a considerar as necesidades de asistencia sanitaria da poboación do Concello?

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...