HomePolíticaPor Chantada reclama medidas para o reforzo da sanidade no sur de...

Por Chantada reclama medidas para o reforzo da sanidade no sur de Lugo

Por Chantada sinala que a veciñanza e os colectivos sanitarios demandan que a loita contra o coronaviurs non sexa escusa para depauperar a sanidade pública.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada asegura que o Hospital Comarcal de Monforte se vén resentindo desde a eliminación da capacidade de xestión da área sanitaria de Monforte, que cobre a 42.043 persoas, acometida en 2010. Aseguran que a posición oficial da Xunta naquela altura era “simple propaganda e amósase que tiña razón a cidadanía que se mobilizou para defender a Sanidade pública: o Hospital está a sufrir un paulatino deterioro.” Este ano 2020, logo da crise da COVID 19, persiste esta situación, coa perda da neuróloga, especialidade, a neuroloxía, que ten unha carga de traballo moi elevada e que requiriría unha segunda praza de especialista de neuroloxía. O mesmo acontece con cardioloxía.

En pediatría a situación non é moito mellor e sinalan desde Por Chantada, “coñecemos ben as deficiencias da mesma, tamén en Chantada como ten reivindicado a plataforma cidadá Chantada quere pediatría.” Dixestivo tamén está nunha situación deficiente.

O simulacro da telemedicina criou, segundo Por Chantada, “as condicións para desamparar a moitos pacientes con outras doenzas e a atrasar as citas, moitas veces ate tratándose de diagnoses de carácter urxente.” Estímase que en Galicia paralizáronse 3.000 intervencións cirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnósticas.

Imaxe do acto de Por Chantada “A PAC” 2018

En canto á perda de servizos e postos de traballo, a formación política sinala os seguintes:

  • médico codificador (cobriuse cun enfermeiro a dedo);
  • subdirección de enfermaría (vacante cun supervisor en funcións);
  • subdirector de xestión;
  • un perito en mantemento;
  • carpinteiro, que desde que se xubilou o titular se cobre con acúmulo de tarefas, mais non se convoca a praza vacante;
  • unha telefonista, que se cobre dende Lugo;
  • a cafetaría pasou a ser xestionada por unha cadea, en lugar de ser contratada a empresaslocais, coa conseguinte perda da subministración na zona;
  • para mantemento e informática depéndese de Lugo;

No tratamento da pandemia desde Por Chantada destacan que o SERGAS non proporciona información da incidencia de casos en cada localidade o que incrementa o malestar social e profesional. Polo que Por Chantada considera que “está en xogo o noso sistema de saúde público universal, accesible e equitativo.”

Acordos a tomar

Con estos antecedentes o grupo municipal Por Chantada-CUP propón ao Pleno da Corporación do Concello de Chantada o seguinte ACORDO:

  • Solicitar á Xunta da Galiza que incremente o orzamento sanitario e que garanta que os fondos estatais se destinen á sanidade. Cun aumento dos recursos para atención primaria e o hospital comarcal no sur de Lugo.
  • Esixir que se poña fin ás restricións de acceso aos centros de Saúde, que están limitando as actividades de promoción, prevención e recuperación da saúde da poboación.
  • Incrementar o persoal dos equipos de Atención Primaria, garantíndolles unhas condicións de traballo dignas, un equipamento adecuado e o libre acceso a probas diagnósticas.
  • Trasladar á Xunta a esixencia de que cese a política de desmantelamento e feche de servizos do hospital comarcal de Monforte, dotándoo do persoal necesario en cada categoría e contratando as/os especialistas necesarios:
  • Proporcionar información real e actualizada, das persoas afectadas en cada localidade, para que os Concellos e a poboación, coñezan a transcendencia da pandemía e colaboren activa e responsabelmente na súa solución.
  • Constituír unha Comisión de coordinación sanitaria comarcal con representantes dos PAC e dos Concellos de Chantada, Carballedo e Taboada.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...