HomesociedadeMonforte contará cunha pista de Skate na Compañía

Monforte contará cunha pista de Skate na Compañía

Monforte contará cunha pista de Skate que se construirá na contorna do Parque da Compañía. Destínanse 78.000 euros cun prazo de execución de 2 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Parque da Compañía atópase situado na zona centro do casco urbano de Monforte, ó suroeste do mesmo, sendo dos lugares que acapara unha maior actividade da cidade, sobre todo no referente ao esparcemento e lecer da poboación, así como á presenza de turistas, o que fai que as súas áreas de xogo sexan as máis utilizadas pola poboación máis nova.

O espazo onde se situará a nova pista de Skate, conserva a antiga soleira de formigón sobre a que se situaba a Rampa U, que non está en bo estado de conservación, e que conta ademais con varios aparellos de exercicios de barras ou musculación ó aire libre, que serán recolocados nun novo espazo dentro do Parque, unha vez se acometa a obra nova pista de Skate.  

Nova pista de Skate

A pista de Skate de Monforte contará cunha combinación de módulos de rampas e tobogáns, así como tubos e railes “grindrails”, que permitirán a realización de gran variedade de trucos ós afeccionados á práctica deste deporte.

A zona onde se ubicará a pista sitúase na parte media do extremo sur do Parque da Compañía, no espazo existente ó suroeste da pista polideportiva, onde se atopan instalados unha serie de aparellos de exercicios de musculación ao aire libre e no que existe unha vella solera de formigón, dando fronte todo iso á rúa Paseo de Lugo.

A construción da pista de Skate proxéctase sobre unha superficie duns 253 m2, á que hai que engadir as zonas anexas das súas marxes que deberán ser reacondicionadas e nas que se recolocarán os aparellos de exercicios de musculación.

O Concello de Monforte destina para a construción desta nova infraestrutura municipal 77.096,51 euros e para a execución dos traballos que a continuación se describen, unha vez adxudicada a obra, estímase un prazo de 8 semanas. En canto ós aparellos de exercicios de musculación, que son 6, colocaranse na súa nova ubicación dentro de zona anexa á pista de Skate reacondicionada durante a obra.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...