HomesociedadeNova iluminación para as instalacións deportivas da Pinguela en Monforte

Nova iluminación para as instalacións deportivas da Pinguela en Monforte

O Concello acometerá dunha banda, a mellora da iluminación do Estadio Municipal de A Pinguela, así como a reforma da súa instalación receptora, e doutra banda, procederá a reformar a instalación eléctrica do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso do Campo da Pinguela, a inversión prevista alcanza os 79.863,96 euros, mentres que para o Pavillón Polideportivo suporá un orzamento de 27.962,07 euros. “Son case 110.000 euros (en concreto, 107.826,03 €) os destinados a mellorar sensiblemente a iluminación e as instalacións eléctricas das que son dúas das instalacións deportivas máis importantes da cidade” destaca o Alcalde.

Ademais, o rexedor monfortino detallou que “o campo de A Pinguela dispón actualmente dunha instalación de iluminación exterior obsoleta, e posúe unha tecnoloxía de descarga que non proporciona os niveis necesarios requiridos para a boa práctica dos deportes que nesta  infraestrutura municipal se practican. Como saben, este campo, no que se practican disciplinas como o fútbol ou o atletismo, é utilizado con moita frecuencia polos nosos deportistas, motivo polo cal, dende o Equipo de Goberno decidimos acometer esta importante actuación de mellora no seu sistema de iluminación”.

Para levar a cabo esta mellora no alumeado, o Concello ven de sacar a licitación este proxecto, por un importe máximo de 79.863,96 €. Unha vez adxudicadas as obras, o prazo de execución das mesmas será de 3 meses.

E por outra banda, o rexedor municipal tamén destacou a inversión necesaria para acometer a reforma da instalación eléctrica do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela, “que será de 27.962,07 euros e que significará a reforma da instalación eléctrica receptora para cumprir cos obxectivos marcados pola regulamentación vixente nesta materia”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...