HomeSucesosIntoxicado por fume nun incendio nunha vivenda de Monforte

Intoxicado por fume nun incendio nunha vivenda de Monforte

Un home de avanzada idade foi trasladado a un Punto de Atención Continuada (PAC) ao presentar síntomas de intoxicación de fume tras rexistrarse un incendio nunha vivenda de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 3,15 horas deste xoves, cando un particular alertou ao servizo de emerxencias de que se orixinou un incendio no seu domicilio, un piso situado na rúa Roberto Bahamonde.

Deste xeito, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Monforte, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, observouse que un home de idade avanzada presentaba síntomas de intoxicarse pola inhalación de fume, e debido a que precisaba de asistencia médica, foi trasladado a unha PAC. Así mesmo, comprobouse que o incendio levara que ardesen uns xornais e unhas cortinas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...