HomesociedadeExposición en Bóveda para a prevención da violencia de xénero

Exposición en Bóveda para a prevención da violencia de xénero

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda expón desde este 25N na Casa Consistorial unha guía con pictogramas elaborada pola Concellería de Cultura sobre a prevención e erradicación da violencia de xénero.

A guía vai ser entregada aos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro e será distribuída ademais nos edificios públicos e colectivos, establecementos comerciais e asociacións do Concello, entre outros.

Na Casa Consistorial tamén se puxo unha pancarta na que reza: ‘O Concello de Bóveda contra a Violencia de Xénero’.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...