HomesociedadeAzul turquesa contra os Trastornos da Conduta Alimentaria

Azul turquesa contra os Trastornos da Conduta Alimentaria

O Concello de Monforte súmase o luns 30 de novembro ó Día Internacional da loita contra os Trastornos da Conducta Alimentaria, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase ese día de cor azul turquesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa da Asociación Cior Galicia, Asociación de Prevención e Axuda ós Trastornos da Conduta Alimentaria, que naceu hai 3 anos en Monforte, conta co apoio do Concello monfortino, que se suma a esta iniciativa co obxectivo de concienciar ós monfortinos e monfortinas sobre os trastornos alimentarios “que, desgraciadamente, están presentes en todas as idades sen importar sexo ou condición social”, destacou o Alcalde, José Tomé Roca.

Os trastornos da conduta alimentaria (TCA), son enfermidades mentais que xeran un comportamento patolóxico fronte á inxesta de alimentos e poden chegar a xerar unha obsesión polo control do peso. Por iso, moitas veces xeran graves consecuencias para as persoas que os padecen,  e os seus familiares.

A causa dos mesmos está relacionada por múltiples factores: psicolóxico, biolóxico, sociocultural e familiar. Quen os padecen sofren alteracións a nivel mental e físico, e aínda que é posible tratalas, é necesario que a persoa afectada se someta a un tratamento médico e psicolóxico que xeralmente tende a ser longo e complexo.

Para o tratamento destes trastornos alimentarios, é fundamental o apoio familiar, xa que unha das características dos trastornos é que o paciente non ten conciencia da súa enfermidade e polo tanto non pode identificar as consecuencias.

Entre os TCA máis coñecidos atópanse a bulimia, a anorexia nerviosa, a ortorexia, o trastorno por atracón e a vigorexia. Calcúlase que os TCA afectan a 400.000 persoas en España, e 300.000 delas son adolescentes.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...