Homesociedade"Q" de calidade como espazos públicos singulares para os miradoiros de Sober

“Q” de calidade como espazos públicos singulares para os miradoiros de Sober

Tan só 5 espazos públicos a nivel estatal contan con esta distinción que outorga o Instituto para la Calidad Turística de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Rede de Miradoiros de Sober, formada por 10 miradoiros sobre o Canón do Sil, vén de recibir a ‘Q’ de calidade que outorga o Instituto para la  Calidad Turística de España (ICTE) na categoría de Espazo Público Singular. Tan só 5 espazos públicos a nivel estatal contan con esta distinción a día de hoxe. 

Turismo de Galicia asinou a principios de ano un acordo co Instituto para la Calidad Turística Española  coa finalidade de conseguir implantar a ‘Q’ de calidade en Espazos Públicos Singulares da Ribeira Sacra e Rías Baixas, como comarcas piloto. Pedíuselle aos concellos que remitisen as súas propostas para facer unha selección final para poder tramitar ante o ICTE o recoñecemento da ‘Q’ de calidade como elemento turístico singular. Na Ribeira Sacra só o Concello de Sober obtivo o recoñecemento logo da tramitación e despois de aprobar as correspondentes auditorías.

A distinción obtívose tras avaliar a calidade do conxunto, o sistema de xestión o equipamento e servizos que se prestan. Na categoría de Espazos Públicos Singulares intégranse contornas de uso turístico que destacan polo seu valor arquitectónico, cultural ou natural, representativo do destino no que se atopa e xestionados por un ente público. 

MIradoiro Santiorxo / concello de Sober

Potenciar a Rede de Miradoiros

Dende o Concello de Sober e tras conseguir tan importante distinción, xa se está traballando nun proxecto de potenciación da Rede de Miradoiros. Entre outras propostas o Concello quere homoxeneizar a súa sinalización, habilitar zonas de aparcamento tamén sinalizadas, facer unha publicación especifica da propia Rede de Miradoiros ou unha programación no entorno dos propios miradoiros, entre outras iniciativas, ademais da súa mellora e posta en valor.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, considera que o distintivo “recoñece os esforzos realizados ao longo dos últimos anos no coidado e posta en valor deste importante conxunto enclavado nun espazo natural único”. 

A rede de miradoiros de Sober: 

  • MIRADOIRO DE PENA DO CASTELO, DOADE
  • MIRADOIRO DE SOUTO CHAO, DOADE
  • MIRADOIRO DOS CHELOS, AMANDI
  • MIRADOIRO DE CADEIRAS, PINOL
  • MIRADORIO DE SANTIORXO
  • MIRADOIRO DE BOQUEIRIÑO, BOLMENTE
  • MIRADOIRO DE CIVIDADE, BOLMENTE
  • MIRADOIRO DOS CHANCÍS, SAN MARTIÑO DE ANLLO
  • MIRADOIRO DE XABREGA, ANLLO SANTO ESTEVO
  • MIRADOIRO DE PENA DO CONDE, ANLLO SANTO ESTEVO

ÚLTIMAS

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...