HomeEconomíaPremios por compras no comercio local da provincia e outras iniciativas

Premios por compras no comercio local da provincia e outras iniciativas

O Centro Comercial Urbano de Monforte participa na campaña "Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti", unha iniciativa da Deputación Provincial de Lugo e a Federación de Comercio de Lugo. Ademais, facilita a embalaxe dos agasallos a asociados e clientes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña para incentivar as compras no comercio local das cidades e vilas da provincia terá lugar entre o 6 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021 e nela poderán participar todos os clientes dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 10.000 euros en premios que estarán distribuídos en 20 tarxetas prepago agasallo de 300 euros e 20 tarxetas de 200, debendo ser empregados estes cartos para volver mercar nos establecementos asociados. O sorteo realizarase ante notario o vindeiro 14 de xaneiro de 2021

PARTICIPAR É MOI DOADO

1. Cómpre facer unha compra ou contrata dun servizo nalgún dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte.

2. Rexistrar a compra en: www.lugonadal.com

(O comerciante tamén pode rexistrar directamente a operación de compra a través da plataforma www.lugonadal.com/comercios e deste xeito o cliente duplica a participación para o sorteo).

PUNTO PARA ENVOLVER AGASALLOS

Trátase dunha iniciativa que lanza este ano o CCU de Monforte. Mercando nalgún dos establecementos asociados hai a opción de que che envolvan de balde as compras, sen preocupacións nin perda de tempo para os comercios e para os clientes.

O posto estará na Praza España en horario de mañás de 11:30 a 13:30 h. e de tardes de 18:00 a 20:00 h. O xoves 24 o horario de tarde será de 16:00 a 18:00 h. Para beneficiarse deste servizo chega con amosar o ticket de compra.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...