HomesociedadeA Deputación inviste 133.000 euros máis na estrada Monforte-Currelos

A Deputación inviste 133.000 euros máis na estrada Monforte-Currelos

A institución provincial investirá 133.100€ na mellora doutro tramo da estrada provincial LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no concello do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas obras realizaranse no treito comprendido entre os quilómetros 4 e 6,8, que discorren polas parroquias monfortinas de Baaomorto e Fiolleda, e dan continuidade aos traballos de mellora que a Deputación acometeu o pasado ano cun investimento de 106.000€ no tramo que vai do punto quilométrico 2,6 ata o 4, que pasa por Chao do Fabeiro e que que afecta tamén ás parroquias anteriores.

O novo proxecto vén de ser adxudicado pola Xunta de Gobero e consistirá na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na correspondente sinalización horizontal. O prazo de execución é de 9 meses.  

As melloras nesta estrada teñen un importante valor social, destacou o Presidente da Deputación, pois trátase dunha vía moi utilizada polos veciños e veciñas de Monforte e do Saviñao.

“Defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos. Ademais, en tempos de crise, a obra pública pode e debe actuar como un motor que incentive a actividade económica e que axude a manter ou crear emprego”, subliña o Presidente. 

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...