HomeMedio ambiente e Patrimonio3.000 euros da Deputación para o roteiro de Vilachá de Salvadur

3.000 euros da Deputación para o roteiro de Vilachá de Salvadur

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes co presidente da Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur, José Castiñeira Defente, o convenio de colaboración polo que a institución provincial inviste 3.000€ para a sinalización e acondicionamento do roteiro turístico de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O roteiro de Vilachá de Salvadur é circular. Situado no Camiño de Inverno a Santiago de Compostela, conta con 8 quilómetros de lonxitude e o seu percorrido ten unha duración aproximada de 2 horas. O comezo e o final sitúase nas adegas de Vilachá de Salvadur, por ser este o espazo distintivo da parroquia, así como o elemento BIC integrado na candidatura da Ribeira Sacra a Ben Mundial.

En canto aos espazos polos que transcorre o camiño, inclúe o castro de Castrelado, a mámoa da Portela, as adegas medievais e dous miradoiros sobre os Canóns do Sil. Así mesmo, a tipoloxía do sendeiro permite que se poida facer a pé, en bicicleta ou noutras modalidades. 

O mandatario provincial salientou que esta actuación coincide co pulo que a Deputación de Lugo está a realizar para que a candidatura da Ribeira Sacra logre ser Patrimonio da Humanidade. “Unha candidatura impulsada pola institución provincial e á que logo se sumaron outras administracións, como a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia”, subliñou Tomé Roca. 

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...