HomesociedadeSituación crítica na Residencia A Nosa Señora do Carme de Sarria

Situación crítica na Residencia A Nosa Señora do Carme de Sarria

6 traballadores e 82 usuarios resultaron positivos nas probas PCR realizadas e nesta semana faleceron dúas persoas. O Concello de Sarria informa que se están poñendo todos os medios persoais e materiais mentres que a oposición alega falta de información e solicita unha convocatoria urxente da Xunta Rectora do centro asistencial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de facer público nun comunicado que a situación na Residencia de Anciáns A Nosa Señora do Carme é complicada. Nesta semana finaron dúas persoas e neste sábado 30 de xaneiro contan con 82 residentes e 6 traballadores positivos nas probas PCR. “Os falecidos tiñan patoloxías graves previas e a maioría dos positivos son asintomáticos ou con síntomas leves, todos eles á espera de ser vacinados coa segunda dose”, comentan dende o equipo de goberno.

Dende o concello informan tamén que o concelleiro responsable e Presidente do Padroado da residencia, Benjamín Escontrela, está a pasar a enfermidade. Afortunadamente con sintomatoloxía leve, feito que lle permite levar a dirección coa coordinación dos traballadores. Para atallar esta situación de crise están contando a maiores coa axuda da Xunta, en particular do Sergas, a Consellería de Política Social e Sanidade, tal como esixe o protocolo; e tamén tiveron que recorrer ao reforzo de persoal externo.  Segundo matiza o equipo de goberno, “cóntase coa colaboración e axuda, que non intervención”, da Xunta.

No comunicado público recibido insístese en que “as familias están informadas en todo momento e o Concello de Sarria garante que a situación estivo e está baixo control e puxéronse, póñense e seguiranse a poñer todos cantos medios persoais e materiais que sexan precisos”; e mándase tamén unha mensaxe de esperanza e confianza nos profesionais recomendando para rematar que “se faga caso omiso a pseudo informacións  malintencionadas, manipuladoras, falsas e inxuriosas”.

Segundo datos do Sergas deste sábado 30 de xaneiro, o Concello de Sarria contabiliza un total de 195 casos positivos .

A OPOSICIÓN

A oposición de Sarria insiste en solicitar unha convocatoria urxente da Xunta Rectora da Residencia A Nosa Señora do Carme e no último Pleno xa preguntaron pola situación do persoal e os recursos materiais da residencia ante a situación actual.

Alegan falta de información por parte do Concello e lembran que hai dous anos que o goberno municipal non convoca a devandita Xunta Rectora cando o habitual é que se realice unha convocatoria ordinaria cada dous meses.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...