HomesociedadeIES A Pinguela, 1º premio nun concurso de miniempresas

IES A Pinguela, 1º premio nun concurso de miniempresas

O proxecto premiado é “VintageGaming”, unha empresa dedicada á elaboración e mantemento de máquinas Arcade personalizadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, dirixidos por profesorado do departamento de informática do IES A Pinguela -María Gamallo, Adrián Blanco, José Rey e José Pino-, inscribiron a principios do pasado ano un proxecto de empresa no Programa Lanzadeiras (Microempresas Lugo 2019-2020). A previsión era que para o mes de maio estivese resolto tras un congreso no que había que presentar oficialmente o proxecto. E claro, por mor da pandemia non foi posible ese evento e a resolución do concurso chegou agora, coa sorpresa para este equipo participante de coñecer que levaron o primeiro premio, 2.146,44 euros.

A iniciativa, de xeito moi resumido, ten como obxectivo fomentar a educación emprendedora coa creación de miniempresas. Trátase de que o alumnado plantexe unha idea de empresa, e que simule parte do traballo da mesma, marcando os obxectivos e as liñas empresariais; valorando en todo caso a implicación e colaboración do alumnado e do equipo docente.

O ‘simulacro’ de empresa que presentaba o IES A Pinguela bautizouse como “VintageGaming”, unha empresa dedicada á elaboración e mantemento de máquinas Arcade personalizadas.  

Traballando no proxecto / IES A Pinguela

En marzo, Xornal de Lemos informaba da presentación do proxecto e José Pino, coordinador do mesmo, explicaba meses despois os detalles no seu blog.

Este programa desenvólvese dentro do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia –eduemprende- e establécese dentro do ámbito de colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e co apoio da Fundación Alcoa.

ÚLTIMAS

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as...

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con...

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense...

Renfe reforza a conexión Galicia-Madrid con máis de 4.200 prazas extra para viaxar esta Semana Santa

Renfe oferta 4.200 prazas extra para a conexión entre Galicia e Madrid con motivo...