HomeMovementos sociaisCelebración do ‘Día Mundial contra o Cancro’ en Chantada

Celebración do ‘Día Mundial contra o Cancro’ en Chantada

A Asociación Chantada contra o Cancro mobilízase para visibilizar esta doenza facendo partícipe ao comercio e á hostalería locais nunha acción conxunta para lembrar tamén a importancia deste colectivo.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 4 de febreiro, a Asociación Chantada contra o Cancro, celebrou o día mundial contra esta enfermidade visibilizando unha doenza “cun nome e moitos apelidos que afecta a moitas e moitos pacientes e familiares”, segundo palabras da propia entidade.

Dada a situación actual marcada pola Covid-19, e non podendo realizar ningunha charla nin evento público, tiveron a idea de recortar lazos de cores que representan todos os tipos de cancro e repartilos entre os establecementos comerciais e de hostalería da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra que están abertos.

A outra parte da acción consistía en que os comerciantes fixeran unha foto cos lazos e a publicaran nas redes sociais xunto a unha mensaxe de apoio a todos os afectados cos seguintes hashtags #DíaMundialContraoCancro e #ChantadaContraoCancro.

O obxectivo final, segundo trasladan da asociación, é conseguir non esquecer que o cancro segue aí e que se debe continuar investigando sobre el para erradicalo; e ao mesmo tempo darlle visibilidade aos negocios chantadinosnun momento no que precisan máis apoio que nunca.

Aproveitando esta data trasladámoslle a Kris Pereira’s, vogal de ‘Chantada contra o Cancro’, as seguintes preguntas.

Como está afectando a pandemia á vosa asociación?

Nestes intres as actividades: cursos, conferencias, rutas solidarias… están totalmente paradas. Intentamos facer algunha acción nalgún intre, pero non había ningún tipo de estabilidade e non queriamos que a saúde dos e das asistentes se vise comprometida xa que as persoas que poderían asistir son de risco. Optamos por ofrecer só atención psicolóxica personalizada con cita previa en persoa ou online coa nosa psicóloga Andrea Taboada.

Tedes máis demanda de información e/ou axuda estes meses?

Non. Segue sendo a mesma.

Que recomendacións trasladariades a doentes de cangro e familiares nesta situación excepcional que vivimos?

Que se sigan coidando moito e que non deixen de pedir axuda tanto a nós, asociacións, como ao persoal sanitario, sexan médicas/os de cabeceira, oncólogas e oncólogos, enfermeiras/os… A covid-19 chegou hai un ano, pero as demais enfermidades coma o cancro seguen aí, non desapareceron e quen as sofre, pacientes e familiares, precisan axuda e atención igualmente.

E aos Poderes Públicos?

Que sigan apostando pola investigación, por invertir en ciencia, pola prevención para que se poidan salvar máis vidas e as doenzas coma o cancro cheguen incluso a desaparecer.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...