HomeCulturaMostra didáctica en Bóveda do entroido tradicional galego

Mostra didáctica en Bóveda do entroido tradicional galego

Tras poñer en marcha o concurso de disfraces en liña, a Biblioteca Municipal de Bóveda elaborou unha exposición didáctica itinerante sobre o ‘Entroido Tradicional Galego’. Estes días exponse na Residencia para persoas con diversidade funcional e de aí pasará ao Centro Sociocultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra está composta por 16 paneis nos que se amosan e explican as festas do Entroido declaradas de Interese Turístico e algunha máis que aínda non tendo ese recoñecemento gozan de moi boa saúde na nosa Comarca, como son o Oso de Salcedo ou os Volantes de Chantada.

A exposición exhíbese na Residencia para persoas con diversidade funcional onde estará ata o día 18 de febreiro, data na que será trasladada ás instalacións do Centro Sociocultural do Concello de Bóveda. Alí  poderá ser visitada por todas as persoas que o desexen en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres e tamén os mércores pola tarde.

A axencia de lectura, recentemente galardoada co premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2020 polo seu proxecto de integración social: ‘Biblioteca Accesible’, continúa así con propostas de colaboración coas persoas que viven na Residencia e que teñen dificultades para acceder aos recursos culturais.

ÚLTIMAS

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...