HomesociedadeSarria premia comprar no comercio local

Sarria premia comprar no comercio local

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria – CCU Sarria, vén de facer a entrega dos premios que obtivo o CCU coa campaña de nadal “Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti”, unha iniciativa da Federación de Comercio de Lugo e a Deputación de Lugo, en colaboración coas asociacións de comerciantes, neste caso, co Centro Comercial Urbano de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa desenvolveuse ao longo dun mes, dende o 6 de decembro ata o día de reis, e nela participaron os clientes do CCU de Sarria que mercaron nestas datas e rexistraron a súa compra. Sortearonse un total de 10.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 € e 200 € na provincia de Lugo, que volverán a ser gastados no comercio de proximidade.

Dende ACES e tendo en conta a situación actual, sinalan “estamos moi satisfeitos cos resultados obtidos nesta campaña, reflexo (como sempre) da gran implicación e participación dos comerciantes e clientes sarrianos.”

Os 800 euros repartidos en Sarria teñen como premiados a persoas que mercaron en 3 establecementos da vila, con dous premios de 300€ e un de 200€.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...