HomeCultura"25 anos con Lois Pereiro" convida á participación

“25 anos con Lois Pereiro” convida á participación

A campaña ’25 anos con Lois Pereiro’ que lanzou o Ateneo Casino de Monforte o 16, día do nacemento do poeta, está tendo boa acollida. Desde a organización convidan á veciñanza a aportar contidos para esta conmemoración dos 25 anos do seu pasamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña, promovida polo Ateneo Casino, conta cunha serie de vídeos nos que participan máis de 30 persoas destacadas da cultura galega, vídeos que están a ter unha boa difusión con miles de reproducións. “Estamos abraiados pola acollida e as respostas tan positivas ante este acto que lanzamos para celebrar a vida e obra de Lois” comenta Xepe Rodríguez, responsable da área de Acción Social do Ateneo.

Agora o Ateneo Casino busca seguir enchendo as redes da poesía de Lois Pereiro chamando á participación de quen se queira sumar. Animan á xente a facer os seus propios contidos tributo ao poeta monfortino e subilos ás redes baixo o cancelo #LP25anos. Tamén poden mandalos para que o Ateneo se encargue de subilos ás súas redes. Pódense enviar a ola@ateneocasino.gal ou por WhatsApp ao teléfono 648435033.

A conmemoración de 25 anos con Lois Pereiro será un acto expansivo con epicentro no Ateneo Casino que se estenderá ao longo do ano e incluirá accións presenciais en toda Galicia en canto a situación sanitaria o permita.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...