HomePolíticaSeguirá inactivo o club náutico de Belesar?

Seguirá inactivo o club náutico de Belesar?

O grupo popular di que é preciso poñer en servizo canto antes estas instalacións para aproveitar o tirón do Xacobeo e axudar así a dinamizar a economía de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira,  insta ao goberno provincial “a que canto antes  retome con Fenosa a concesión e poña en valor para todos os lucenses e en especial para os veciños de Chantada  estas instalacións; cremos que a Deputación non pode prescindir de todo este capital e debe facer todo o posible con Fenosa para recuperar a concesión  e sacala de novo a licitación con urxencia para que neste ano Xacobeo estea en funcionamento”.  

Castiñeira explica: “O bipartito provincial deixou caducar (en agosto do pasado ano) a concesión das instalacións náuticas de Belesar en Chantada, que tiña concedidas por Fenosa durante 30 anos. Parécenos unha mostra máis da absoluta desidia do PSOE e do BNG co patrimonio provincial, e máis concretamente coas áreas recreativas provinciais do interior da provincia, como vimos denunciando dende hai moitos meses”.

Tamén di Castiñeira: “Con todo este cúmulo de incongruencias,  no pleno tentamos que se aclarase algo. Vimos a unha delegada de Turismo á defensiva e con poucas ganas de dar explicacións sobre este asunto”. Castiñeira insta ao goberno provincial a xestionar con Fenosa unha nova concesión e a poñer en funcionamento este club náutico, “o que sen dúbida dinamizaría o turismo nunha zona na que se debe aproveitar este recurso, a presa de Belesar con un magnífico entorno natural e moi representativo da Ribeira Sacra, que esperemos que este ano sexa declarada Patrimonio da Humanidade”.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...