HomesociedadeDinamización comercial para superar a crise da Covid19

Dinamización comercial para superar a crise da Covid19

Arteixo CCA en colaboración coa Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos organiza o I Congreso Galego de Centros Comerciais Abertos. O encontro, en formato online, celebrarase os días 10 e 11 de marzo e contará coa presencia de expertos de España e Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A crise derivada da covid-19 está a supoñer un reto sen precedentes para o comercio local. Os centros comerciais abertos tiveron que buscar novas fórmulas de dinamización comercial para adaptarse aos cambios nos hábitos de consumo e ós protocolos sanitarios esixidos para facer fronte a pandemia. Co obxectivo de compartir estas experiencias e descubrir distintas iniciativas que se están desenvolvendo dento e fóra de Galicia, os próximos días 10 e 11 de marzo terá lugar o I Congreso Galego de CCAs e CCUs. O evento, en formato online, acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantesde varias zonas comerciais urbanas do País Vasco, Canarias ou Portugal.

As axudas económicas directas a pemes e autónomos, os bonos para o incentivo do consumo, a dixitalización do pequeno comercio e as iniciativas de transformación de espazos urbanos que se están a acometer en distintos lugares serán algúns dos temas a tratar nesta primeira edición, que espera ter continuidade.

O Congreso visionarase libremente a través de Zoom. Para asistir será preciso enviar un correo electrónico a congreso@agaxecca.gal antes do 9 de marzo ás 23.59 co nome completo, entidade da que se provén -de ser o caso- e teléfono de contacto.

Programa

Mércores 10

  • 16.00h Apertura con autoridades.
  • 16.45h PROXECTO Como vender a distancia, utilizando as Redes Sociais Ana Mesías Díaz – Xerente de Nayma Moda Mujer
  • 17.15h RELATORIO Ecommerce e marketplace para o pequeno comercio e os CCA: saída, perdición ou burbulla? Javier Rocamora, Consultor en marketing online e estratexia en Las 3 en punto.
  • 18.30h RELATORIO Liña de subvencións para Centros Comerciais Aber- tos e Urbanos da Xunta de Galicia: dúbidas e optimización do proceso. Persoal técnico Xunta de Galicia.

Xoves 11

  • 9.30h PROXECTO Campañas de éxito na dinamización dos últimos anos: “El Juego de Vitoria-Gasteiz” e o “Mercado de la Almendra”. Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).
  • 10.00h MESA REDONDA A adaptación urbana para fortalecer o comer- cio, experiencias e testemuñas dos comercios afectados. Anabel Gulías, Concello de Pontevedra; Ernesto Filgueira, Ex-Presidente Pontevedra Zona Monumental; Carlos Bethencurt, Presidente de Zona Triana.
  • 11.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova nor- malidade, o papel das administracións e a experiencia da cooperación Cha- ves-Verín (Eurocidade). Vitor Pimentel; Presidente na ACISAT (Associação Empresa- rial do Alto Tâmega).
  • 12.00h DESCANSO
  • 12.15h PROXECTO A especialización e a venda multicanal no pequeno comercio. Tatiana Pérez, fundadora de Tea Bridge London.
  • 12.45h MESA REDONDA Estratexia pública para a reactivación do con- sumo no pequeno comercio, hostalaría e servizos. Experiencias de políticas de incentivo das vendas. Xunta de Galicia, Emma Cid, Conselleira Técnica do Concello da Coruña; Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).
  • 14.00h COMIDA
  • 16.00h RECONEXIÓN
  • 16.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova nor- malidade. O papel da administración pública e a importancia da dixitalización. Rui Marques, Director Xeral da Associação Comercial de Braga.
  • 17.00h MESA REDONDA Cara onde van os CCAs/CCUs, financiación pú- blica e propostas para fortalecer as entidades. Xosé Regueira, Concello de Carba- llo, Blas Piñeiro. Deputación da Coruña; Xunta de Galicia; José Ángel Blanco, Xerente de Compostela Monumental.
  • 18.30h Clausura con autoridades

Renovación da xunta directiva

A última asemblea ordinaria da Asociación Galega de Xerencia de CCAs e CCUs serviu para renovar a xunta directiva que seguirá presidida, durante os próximos catro anos, por Yonathan Carreira, xerente do CCA Estrela de Marín. O novo equipo, do que tamén entrará a formar parte Ángel Folgueira, xerente do CCU de Monforte, recibiu o respaldo unánime da asemblea e solicitou xa unha reunión co Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia.

Entre as propostas que lle queren trasladar figura a de que os centros comerciais abertos sexan os encargados de xestionar de maneira directa os bonos para o incentivo do consumo anunciados hai uns días polo presidente da Xunta. Os CCAs teñen experiencia na implantación de políticas de dinamización comercial e coñecen de primeira man as necesidades dos pequenos negocios que integran o comercio local.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...