HomesociedadeOs polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os deputados autonómicos do PPdeG Raquel Arias e José Manuel Mato informaron esta fin de semana nunha visita á área de autocaravanas aberta en Sober, de que a Xunta destinará o vindeiro ano cerca de 650.000 euros aos cinco polos de emprendemento e apoio ao emprego existentes na provincia de Lugo (Mondoñedo, A Fonsagrada, Friol, Sarria e Monforte).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai 3 anos, máis de 1.100 proxectos de persoas emprendedoras. A área de autocaravanas en Sober é unha das empresas coas que colabora o polo de emprendemento de Monforte, fomentando a iniciativa empresarial, dinamizando o mercado de traballo e fixando emprego, atendendo as demandas dos diferentes territorios e sobre todo das zonas rurais.

Os cinco polos de emprendemento e emprego da provincia atenderon máis de 1.100 proxectos, dos que case 800 seguen activos. O número de persoas emprendedoras que acudiron a estes polos de emprendemento achegouse ao milleiro, das que o 56% foron mulleres. Ademais, arredor do 55% destes emprendedores sitúanse entre os 30 e os 55 anos. Ao longo destes anos, estes centros realizaron máis de 3.400 titorías, das que arredor de 1.100 foron en liña e máis de 2.300 de xeito presencial.

O sector que predominou entre as iniciativas emprendedoras impulsadas desde estes polos lucense foi o da hostalería, cun 20%; seguido polo do comercio (16%) e o dos servizos (12%).

“Estes espazos de dinamización e captación de proxectos ofrecen, entre outros, servizos de información sobre oportunidades de emprendemento; asesoramento personalizado para cada territorio; espazos de traballo temporal e networking; captación de investimento e financiamento; e orientación, asesoramento e recursos físicos para os emprendedores”, indicaron os deputados populares. Ademais, os usuarios poderán acceder a convocatorias anuais de axudas para a consolidación de investimento e a xeración de postos de traballo.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...