HomeCulturaXoves de teatro en Monforte con “Macbech. O ruído e a furia”

Xoves de teatro en Monforte con “Macbech. O ruído e a furia”

O Concello de Monforte segue a desenvolver o ciclo de teatro neste primeiro trimestre do ano, cunha nova actuación que terá lugar este xoves día 11 de marzo no Edificio Multiusos a partir das 20.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro segue sendo protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro trimestre do ano 2021, contando coas medidas de seguridade necesarias ante o Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas. 

Deste xeito, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2021 en Monforte de Lemos, este xoves 11 de marzo ás 20:00 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da terceira das obras previstas para adultos: Macbech. O ruído e a furia, da compañía Estudo Momento. Trátase dunha adaptación en verso, a cargo  de Manuel Lourenzo, da grande traxedia celta de William Shakespeare. A obra está protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. O aforo máximo do salón é de 110 persoas.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan, será Feminíssimas da compañía De Ste Xeito Produccións que terá lugar o xoves 25 de marzo ás 20:15 horas no Edificio Multiusos.

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

Con estes acordos, a institución provincial dá continuidade á actividade turística e de lecer...

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...