HomeOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: a fortuna de vivir no...

Así viviamos hai un ano a pandemia: a fortuna de vivir no rural

Que ben nos cadrou cocer a semana pasada. Agora temos pan para un mes polo menos. Tense que dar a cousa moi mal para que nos pueblos non vaiamos tendo para comer. Entre as matanzas e a horta...

Publicado o

POR
Silvia López
- Advertisement -

“É o momento do xornalismo de chamadas”, dicía o 17 de marzo do 2020 o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nun chío de Twitter. En tempos de confinamento, as historias corren vía telefónica para evitar posibles contaxios por ese virus que nos trae tolas. Esa mañá, precisamente, o móbil soaba e ao outro lado falaba a compañeira do Xornal de LemosA conversa, coma case todas as dos últimos días, virou en torno á corentena. 

“Como vai o peche?”, preguntaba. A cuestión viña acompañada dunha proposta: a de escribirmos un diario de corentena conxunto entre os tres Xornais de Lugo

A HORTA, AS MATANZAS E O PAN DA CASA

Xa van tres días desde que se aprobou, pero algunhas permanecemos recluídas dende o venres pola mañá. Cinco días sen saír da casa. Ou case. Vivir a trinta quilómetros da capital lucense, nunha aldea rural, muda un pouco o asunto. Xa non collo o coche para ir tomar algo cos amigos, nin tampouco vou de paseo nos días libres, pero aquí a aira da casa chántaseme diante dos ollos como a maior das liberdades.

“Que ben nos cadrou cocer a semana pasada. Agora temos pan para un mes polo menos. Tense que dar a cousa moi mal para que nos pueblos non vaiamos tendo para comer. Entre as matanzas e a horta…” Vánseme vindo á cachola anacos das conversas destes días e confirmo comigo mesma a fortuna de vivir no rural. “A nós non nos trastornou tanto o día a día, dentro do que cabe”. Pero, deseguida, unha mira de reollo as cifras de positivos na provincia (26, dez máis ca os rexistrados onte) e cavila nesas persoas que agora mesmo teñen a súa vida patas arriba.

AS AGARDADAS MEDIDAS SOCIOECONÓMICAS

Para todas elas e nós, o Goberno deu a coñecer hoxe medidas de corte económico e socialpara facer fronte aos efectos do coronavirus. “Non imos escatimar ningún esforzo. Non imos deixar a ninguén atrás”, prometían. Entre eses esforzos, falaban dunha moratoria no pagamento das hipotecas, garantías para manter servizos enerxéticos nos fogares, medidas para flexibilizar horarios laborais en favor da conciliación familiar ou a facilitación dos ERTES. En total, han mobilizar 200.000 millóns de euros, segundo sinalaron.

Non sei se todo canto anunciaron calmaría os centos de autónomas que levaban días tremendo, as traballadoras temerosas por un posible despedimento, as cidadás que teñen que seguir pagando o aluguer a fin de mes… As preocupacións, xa de por si pesadas, engrandécense máis ao estarmos pechados entre catro paredes.

Por iso, unha sábese enormemente afortunada ao poder sentir o sol nas costas. Saio da casa e sigo nela. Quedaremos un pouco máis. Por responsabilidade.

Accede ao Diario de Corentena no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€....

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto,...