HomePolíticaA tardanza de Patrimonio no proxecto da Ponte Ribeira chega ao Parlamento

A tardanza de Patrimonio no proxecto da Ponte Ribeira chega ao Parlamento

Os socialistas queren coñecer as razóns polas que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural tardou máis dun ano en remitir ao Concello o informe sobre o ‘Proxecto construtivo de pasarela metálica provisional para Ponte Ribeira no río Sarria’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas explican que “o trazado orixinal do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila luguesa de Sarria leva seis anos interrompido pola paralización en 2014 das obras da Ponte Ribeira, provocando evidentes prexuízos xa non só para os camiñantes senón para os propios habitantes da vila”.

Así as cousas e mentres non remata o proxecto de terminación da rehabilitación da Ponte Ribeira, “o Concello de Sarria presentaba en decembro de 2019 o ‘Proxecto construtivo de pasarela metálica provisional para Ponte Ribeira no río Sarria’. Para levalo a cabo, e  conforme á legalidade esixida, solicitaba en xaneiro de 2020 o informe/autorización pertinente á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en febreiro á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e en novembro á Deputación de Lugo.

Na iniciativa socialista sinálase que “ante o silencio da citada Dirección Xeral diante das solicitudes de diversas administracións, a Xunta de Goberno do Concello de Sarria acorda en decembro de 2020 continuar co proxecto da pasarela provisional. Unha decisión que comunica ao Goberno autonómico sen ter recibido pronunciamento ao respecto. Curiosamente é a partir desa comunicación á Xunta de Galicia cando a Dirección Xeral, en cuestión de poucos días, lle remite ao Concello de Sarria un informe desfavorable sobre a base do ditame que o Consello Asesor dos Camiños de Santiago adopta nunha xuntanza celebrada dende hai máis dun ano”, advirten.

Os socialistas queren coñecer, “por que non se lle remitiu o informe solicitado sobre ese proxecto á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A.?. E por que non se lle comunicou ao Concello de Sarria o ditame respecto da citada obra do Consello Asesor dos Camiños de Santiago acordado na sesión do 26 de febreiro de 2020?”.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...