HomesociedadeA Xunta licita por 647.000 euros a travesía de Sarria e melloras...

A Xunta licita por 647.000 euros a travesía de Sarria e melloras na estrada Nadela-Maceda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar a execución de obras de reforzo do firme na estrada LU-546 (Nadela-Monforte de Lemos), nun treito de 10,6 quilómetros entre Nadela (Lugo) e Maceda (O Corgo) e na travesía de Sarria, onde se actuará en case un quilómetro. O orzamento é de 647.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acompañado por persoal técnico da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), presentou este xoves, 25 de marzo, en Sarria estes traballos, que terán un prazo de execución estimado de seis meses.

As actuacións programadas consistirán na realización de fresados localizados e a reposición do firme con mestura bituminosa en quente a carril completo. Na localidade sarriá renovarase a calzada en toda a lonxitude da travesía. Posteriormente instalarase nova sinalización horizontal en todas as zonas acondicionadas. 

Arias explicou que a Xunta dá continuidade así ás obras de mellora que foron executadas nos últimos meses noutros 10,7 quilómetros deste vial ao seu paso polos municipios do Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria. Segundo salientou, este tramo é polo que se desvía o tráfico cando é preciso facer cortes puntuais para executar as obras de conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria 

Así mesmo, o departamento de Infraestruturas acaba de rematar a execución dunha glorieta na intersección desta vía coa LU-652 no municipio de Bóveda, co fin de reforzar a seguridade viaria na contorna. 

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...