Homesociedade250.000 euros para o paseo peonil ao Mosteiro das Bernardas en Pantón

250.000 euros para o paseo peonil ao Mosteiro das Bernardas en Pantón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de acondicionamento do paseo peonil da rúa das Bernardas de Ferreira de Pantón, no entorno do mosteiro cisterciense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou este xoves, 25 de marzo, durante unha visita á localidadeque os traballos foron licitados por 256.200 euros e teñen un prazo de execución estimado de tres meses. As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o vindeiro 7 de abril.

O proxecto dálles continuidade ás actuacións de urbanización e adecuación desta contorna realizadas ao longo dos últimos anos, xa que servirá para completar o paseo situado fronte ao mosteiro, enlazando o núcleo de Ferreira coa praza do Curro. Actuarase ao longo duns 770 metros que forman parte da rede viaria municipal de Pantón.

Está previsto mellorar un treito en curva que carece de beirarrúa nunha das marxes, ademais de ter un muro moi próximo á estrada que dificulta o paso dos peóns e a visibilidade para os vehículos. A cesión dunha porción de terreo por parte dun propietario permitirá derrubar o muro e dispor de espazo para construír unha beirarrúa de pedra, en concordancia coas do resto do traxecto. Posteriormente levantarase outro muro de pedra, igual que os que xa hai no tramo, para delimitar a zona.

Tamén se pavimentará a calzada con aglomerado en quente -á altura da recta fronte ao mosteiro e na praza do Curro-; e habilitaranse pasos de peóns e sinalización horizontal e vertical. Instalarase alumeado público e sistema de evacuación de augas pluviais, e levaranse a cabo as actuacións precisas para adecuar as canalizacións eléctricas e de telecomunicacións.

A finais do ano pasado a Axencia de Turismo de Galicia asinaba un convenio coa Comunidade Cisterciense do Divino Salvador co fin de adquirir mobiliario para a hospedaxe no mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, onde a Administración galega executou obras para acondicionar unha hospedería e un espazo multifuncional que poderá acoller información divulgativa da Ribeira Sacra e do mosteiro, declarado de Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento desde 1975.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...