HomeDeportesMonforte, final de etapa de 'La Vuelta' o 3 de setembro

Monforte, final de etapa de ‘La Vuelta’ o 3 de setembro

A chegada da Volta Ciclista a España a esta cidade vaino facer nun momento moi especial para a Ribeira Sacra pois para esa data é posible que sexa xa 'Patrimonio da Humanidade'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación oficial das etapas de La Vuelta 2021 en Galicia, celebrado na Cidade da Cultura en Santiago o venres 26 de marzo, contou coa presenza do alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Na súa intervención sinalou o “importante retorno económico que suporá para Monforte e a Ribeira Sacra ser fin da 19 etapa desta importante competición deportiva o vindeiro 3 de setembro”.

Ademais do rexedor monfortino, participaron entre outros o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así como os alcaldes de Santiago, Xosé A. Sanchez Bugallo, de Sanxenxo, Telmo Martín, de Padrón, Antonio Fernández, ou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

POÑENDO EN VALOR A MONFORTE, COMO CAPITAL DA RIBEIRA SACRA

José Tomé lembrou que este evento chegará nun momento moi oportuno porque “a chegada da Vuelta a España a Monforte vaino facer nun momento moi especial para a Ribeira Sacra porque agardo que en xullo sexa declarada en China pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. É unha ocasión magnífica para que cando chegue La Vuelta en setembro, xa teñamos a declaración de Patrimonio da Humanidade para o conxunto da Ribeira Sacra”.

Do mesmo xeito, recordou que este ano 2020, así como o vindeiro 2022, é Ano Santo Xacobeo, polo que Monforte e a Ribeira Sacra tamén adquiren un protagonismo especial ó transcorrer o Camiño de Inverno polas súas terras.

Antes de rematar a súa intervención, Tomé Roca, aproveitou tamén para resaltar os principais atractivos turísticos, paisaxísticos, gastronómicos e culturais de Monforte e da Ribeira Sacra. Destacou os valores artísticos e culturais da cidade, con especial énfase nos Escolapios, “segundo Escorial galego”, o Museo Sacro e o Museo do Viño. Salientou tamén a calidade dos caldos da Ribeira Sacra e concluíu “o espectador vaise atopar, co final de etapa en Monforte, cunha paisaxe cultural e natural únicas”.

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...