O pasado 7 de decembro realizáronse as tarefas de exhumación correspondentes á Segunda Campaña de Escavación arqueolóxica do Castro de San Lourenzo e a análise das diferentes pezas de cerámica atopadas no lugar.
O nivel de abrasión en superficie por efecto dos axentes externos dende o momento do enterramento dos restos do individuo é bastante alto. Aínda así, os ósos atopados foron conducidos ata a Sociedade de Ciencias Aranzadi e da Facultade de Mediciña de Donostia-San Sebastián para a súa limpeza, clasificación e estudo. A primeira fase consistiu na limpeza tanto en seco como con auga a baixa presión do material atopado e posteriormente, seleccionáronse ósos de cada un dos individuos escollidos para a extracción de mostras para a análise. Seguidamente realizouse un longo proceso de estudo aplicando as técnicas propias da materia.
RESULTADOS DAS ANÁLISES DOS ELEMENTOS ÓSEOS
Estímase cos restos atopados son de sexo masculino aínda que é unha afirmación un tanto indeterminada pois é un corpo bastante incompleto e alterado polos cambios tafonóminos. O estudo do cranio arroxa datos de que estamos ante un individuo de sexo feminino, sen embargo, o arco cigomático mostra características masculinas así como a crista da caluga, o proceso mastoideo e a glabela. De tódolos xeitos, a falta da pelve e de ósos como o fémur ou o úmero, fan que os investigadores enmarquen ó individuo atopado en indeterminado/masculino.
No tocante á idade, e tendo en conta o desgaste dental, os invetigadores afirman ca persoa tiña entre 33 e 45 anos, aspecto que se reafirma, en parte, polas suturas craniais presentes que semellan estar cun estado de peche avanzado e, grazas á tibia, pódese afirmar que a estatura rodaban o 1,60 metros de altura.
ANÁLISE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NA CERÁMICA
O traballo realizado neste campo foi, primeiramente, a microescavación do vaso para poder coñecer a extensión do residuo visible adherido á cara interna da peza. A continuación fíxose unha inspección con microscopio dos resultados para detectar a presenza de macrorrestos vexetais e minerais que puidesen aportar os primeiros datos sobre a natureza do individuo.
Os traballos realizados confirman que as pezas de cerámica obtidas son da mesma necrópole e do mesmo período e ámbito xeográfico cos individuos atopados. Ademais, polo proceso de deterioro dos contedores de líquidos, os investigadores afirman que, no castro, tras a morte dunha persoa e posterior enterro, levábase a cabo un ritual de queima -afirmación realizada a través da presenza da gran cantidade de carbón atopado- suficiente para queimar o contido polo que todo fai pensar nun ritual de queima dalgún tipo de planta aromática. Igualmente, existen precedentes da detección de incenso en cerámicas medievais en base ó descubrimento de resinas específicas da especie.