HomesociedadeA Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse esta seman co alcalde do Páramo, José Luis López, para abordar distintas actuacións en marcha e seguir cooperando no impulso de novos proxectos de interese local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira ou a instalación de soportes de suxeición para contedores de residuos.

Estas actuacións suman 39.000 euros de achega autonómica a través de dúas ordes de axudas convocadas en 2025 pola Dirección Xeral de Administración local para apoiar a mellora de servizos e infraestruturas municipais.

O delegado territorial puxo en valor a colaboración da Xunta cos concellos, “ben con actuacións directas ou mediante programas de axudas, pois entendemos que a cooperación entre as administracións autonómica e local resulta fundamental para sacar adiante iniciativas que contribúen a facilitar o día a día dos veciños e veciñas da provincia”.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...