HomeOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: O teletraballo

Así viviamos hai un ano a pandemia: O teletraballo

"Nos negocios online as economías non paran e seguen funcionando e a nosa experiencia é que se xestiona mellor traballando desde a casa que cando traballabas na oficina. A xente curiosamente está máis centrada no traballo a pesar de estar na casa do que o estaba na oficina.", teletraballa en Portugal.

Publicado o

- Advertisement -

Diario de Corentena do 22 de abril do 2020:

Hai tempo que quería adicar un Diario de Corentena ao teletraballo, pero sempre aparecían outros temas “máis actuais” vinculados ao confinamento social. En certa medida sorpréndeme que o teletraballo sexa actualidade coa crise da Covid19.

Agora que está de moda lembrarnos do pasado. Lembro que o traballar desde a casa, ademais de agricultores e gandeiros, onde o vín de modo recurrente na infancia foi nas películas. “Películas americanas”, sen dúbida. E parecíame perfecto. Era na adolescencia supoño, e aí quedou o tema.

En certo modo debería estar satisfeita porque desde o 2008, o 80% do meu traballo fágoo desde a casa ou desde un portáil, nunca o imaxinei cando rematei de estudar. Co confinamento, os días para mín cambiaron fóra, dentro non necesariamente, só que agora estás todo o tempo e o espazo achícase.

Na miña experiencia, traballar na casa require certos hábitos, pero nada férreo; pódese adaptar mellor o tempo e para a conciliación familiar sería básico nos tempos que corrían. En moitos casos non é posible o teletraballo, pero cando o era..  ¿Por que se primaba a asistencia a un posto de traballo en horarios anti ser humano?. O que sempre se dixo da falta de produtividade de España. Funciona por horarios nos postos de traballo e non por obxectivos ou produtividade, aínda que supoño que se non o fas ben vas para fóra. Para mín o fondo diso era a desconfianza no traballador ou nos cidadáns; ver que está traballando, se non o vexo igual non traballa. Co Covid19 isto igual pasa a ser “cultura” do pasado. E así igual se acababa o aínda habitual: perfiro traballar fóra por non aturar á muller todo o día, ou ao home.

NOS NEGOCIOS ONLINE AS ECONOMÍAS NON PARAN E A XESTIÓN DO TRABALLO FAISE MELLOR DESDE A CASA

Internet posibilita que moitos servizos se poidan prestar por teletraballo, e xeneralizar o teletraballo aforraría tantos custes, tantos movementos, axudariamos ao medio ambiente, controlaríase mellor a expansión dun virus, daríase tempo a que as persoas tiveran vida e non habería que vivir “necesariamente” nunha cidade. Parece mentira que algo tan tecnolóxico e natural como forma de vida, se fixera unha opción co Covid19 e non antes. Logo estarían as limitacións que internet ten no rural, pero se hai máis usuarios no rural a “lei do mercado” eliminaríaas, entendo.

Teletraballo / franquicia.net

En Portugal, despois da anterior crise económica cos conseguintes rescates, o teletraballo veuse implantando e a adaptación á crise do Covid19 neste senso foi máis áxil. Á outra banda do teléfono un galego que leva 5 anos traballando en Lisboa nunha consultora outsourcing confirma coa súa experiencia a eficacia do traballo desde a casa.

“Hai dúas cousas, a experiencia da anterior crise; aquí hai moito teletraballo e xornadas continuas, a xestión é máis sinxela, pero a loxística foi moi complicada. Estamos falando dunha empresa que levou un computador a 1.200 traballadores á súa casa. Os equipos que se xestionaban in situ, agora xestiónanse a distancia. Todo o mundo está operativo desde a casa.Nos negocios online as economías non paran e seguen funcionando e a nosa experiencia é que se xestiona mellor traballando desde casa que cando traballabas na oficina. A xente curiosamente está máis centrada no traballo, a pesar de estar na casa do que o estaba na oficina. Hostalería, turismo e servizos que necesitan presenza física de clientes van acusar máis esta crise, que os que traballamos online.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...