HomeTerra de LemosBóvedaO Trekking chega á categoría suprema en Galicia co Festival do Sendeirismo...

O Trekking chega á categoría suprema en Galicia co Festival do Sendeirismo Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

O evento, que terá lugar esta fin de semana e non ten precedentes en Galicia, reúne deporte, música e gastronomía.

O Festival de Sendeirismo trátase dunha iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra que nace co fin de seguir poñendo en valor recursos da zona como o románico, o viño, a paisaxe e os esgrafiados a través da práctica do sendeirismo. Unha actividade alternativa saudable e sostible coa que é posible coñecer a Ribeira Sacra máis descoñecida para a maioría dos visitantes.

Sendeiro da Ribeira Sacra

As rutas tematizadas son o punto forte desta primeira edición, que se celebrará durante as xornadas do 12 e 13 de maio. Case vinte rutas que se desenvolverán de forma simultánea e nas que se percorrerán paraxes espectaculares da man de guías especializados cos que ademais se aprenderán cousas de temas tan diversos e tan relacionados neste territorio como son a viticultura, a historia, etnografía, esgrafiados, aves e incluso fotografía.

A programación contempla numerosos percorridos pensados para todos os públicos, desde os máis pequenos ata os máis aventureiros, con diferentes dificultades e duración. Todos os percorridos programados están enmarcados na Ribeira Sacra e con algo en común, a festa que marcará o punto final deste evento. Unha reunión na que todos os participantes se poderán coñecer e gozar do día mentres degustan produtos locais e escoitan aos mellores artistas da zona. O punto de encontro final será este sábado día 12 no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo e no Pavillón Municipal de Bóveda.

Toda a información sobre o Festival de Sendeirismo Ribeira Sacra 2018 pode ser consultada na páxina web oficial do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...