HomesociedadeCampamentos de verán en Pantón

Campamentos de verán en Pantón

Haberá 20 prazas e a inscrición será do 14 ao 25 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón informa que este ano non se poderán realizar os cursos de natación por mor da Covid, pero si seguirá adiante a organización dos campamentos de verán.

Desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 13 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 h. e para cativos e cativas de 4 a 12 anos. O edificio anexo ao colexio Complexo Monte Baliño será o lugar de encontro co lecer e o entretemento infantil para estes días de verán.

Sairán 20 prazas ás que se lle dará saída por rigorosa orde de solicitude con preferencia para nenos e nenas empadroados en Pantón e a inscrición realizarase entre o 14 e o 25 de xuño nas oficinas da Casa da Cultura. O prezo por neno/a é de 30 euros.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...