HomeDeportes3 xogadoras do C.V. Ribeira nas concentracións da Selección Galega

3 xogadoras do C.V. Ribeira nas concentracións da Selección Galega

A Federación Galega de Voleibol convoca a 3 xogadoras do C.V. Ribeira Sacra para as concentracións da Selección Galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xogadoras convocadas son as infantís, Saray Gonzalez e Mencía Suárez e a Cadete, Ángela Bussieres que se poñerán ás ordes dos Seleccionadores Galegos durante os días 2, 3 e 4 de xullo en Quiroga, onde prepararán o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA 21) que se celebrará do 15 ao 18 de Julio en Valladolid.

Mencía / C.V. Ribeira Sacra

Tanto Ángela como Mencía xa son asiduas a concentraciónes tanto coa Federación Galega como coa Federación Española, Saray é a primeira vez que vai chamada pola Federación Galega pero é unha xogadora tamén con gran proxección, que non pasará desapercibida.

Desde o club mostran a súa satisfacción por estas convocatorias e aseguran estar orgullosos de seguir achegando xogadoras á selección Autonómica, “o que nos anima a seguir traballando co deporte base que é o noso referente. A Ángela, Saray e Mencía desexámoslles que aprendan moito pero sobre todo que gocen da experiencia.”

Saray / C.V. Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...