HomePolíticaO PP de Monforte pide ao concello que supervise a superficie forestal...

O PP de Monforte pide ao concello que supervise a superficie forestal para previr os incendios

O Partido Popular de Monforte solicita ao Concello que proceda a supervisar a superficie forestal non desbarbada do municipio, e que segundo a lei de 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e o convenio subscrito coa FEGAMP, a Xunta e Seaga, ten a obriga de manter limpa por risco de incendio ao estar preto das casas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 31 de maio rematou o prazo que lle concede a administración autonómica aos propietarios de terreos forestais para realizar unha correcta limpeza das parcelas máis próximas ás vivendas. Unha vez pasada esta data, a responsabilidade subsidiaria da xestión da biomasa corresponde ás entidades locais. Para este cometido o Goberno galego colabora con consistorios, a través do acordo de protección das aldeas subscrito, e que inclúe o desenvolvemento da plataforma XESBÍO, que permite aos Concellos xestionar toda a tramitación administrativa da limpeza das franxas e comunicarse cos donos das fincas que están dentro de esas zonas.

As entidades locais adheridas, entre elas a de Monforte, poden facer execucións subsidiarias e actuacións de xestión de biomasa nas vías de titularidade municipal hasta un máximo de 10 quilómetros ao ano. É, por este motivo, “e en aras de adiantarse a calquera incidencia que poida xurdir durante os meses de verán, que lle solicitan esta actuación ao goberno local.

Coa plataforma Salvemos o Malecón

A voceira do PP, na súa condición profesional de avogada, tamén participará este sábado nas xornadas sobre mobilidade e rexeneración urbana promovidas pola plataforma cidadá Salvemos o Malecón, e que se enmarcan na programación deste colectivo para rexeitar o proxecto da nova ponte sobre o río Cabe, que pretende levar a cabo o alcalde.

Os populares xa anunciaran en días pasados que apoiaban as reivindicacións da platoforma, consistentes en que a peonalización da ponte vella se podería levar a cabo sen a necesidade de construír unha nova nas súas proximidades. Por este motivo, Varela tamén acompañará aos integrantes da mesma na cadea humana convocada para este domingo, 27 de xuño.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...