HomeCultura‘Ler conta Moito’ na Biblioteca do Saviñao

‘Ler conta Moito’ na Biblioteca do Saviñao

O ciclo de actividades para o fomento da lectura comezará o vindeiro día 2 coa presenza da ilustradora e narradora Estefanía Padullés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 2 de xullo, a Biblioteca Municipal do Saviñao comeza o ciclo de actividades do Programa ‘Ler conta moito’ deste ano, ciclo cofinanciado entre o Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura.

A actividade que chega ao Saviñao será As superheroínas do noso pobo” e desenvolverase na biblioteca municipal ás 11:00 h. da mañá coa narradora e ilustradora Estefanía Padullés. A autora, con numerosas obras infantís  publicadas, vive no concello veciño de Paradela e xa ten visitado noutras ocasións a biblioteca.

A actividade que presenta Padullés é un obradoiro de ilustración que versará sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, aprendendo a debuxalas nunha ilustración que as represente. Para rematar a actividade, cada participante fará un cartel dunha muller do seu entorno, para darlle visibilidade e convertela na “superheroína” dunha ilustración que amose os seus “superpoderes”.

Estefanía Padullés. Foto cedida pola ilustradora.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse previamente na biblioteca ou no teléfono 982 45 23 24.

ÚLTIMAS

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...