HomePolíticaO conflito laboral do Conservatorio de Monforte volveu ao Parlamento

O conflito laboral do Conservatorio de Monforte volveu ao Parlamento

As demandas laborais de parte dos traballadores do conservatorio municipal de Monforte eran atendidas polo BNG e PP a finais de maio no Parlamento. Un mes despois volve o tema á cámara galega, neste caso como proposición non de lei dos nacionalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conflito laboral do Conservatorio de Música monfortino volveu ao Parlamento Galego cunha proposición non de lei na que a deputada nacionalista, Carme Aira, instou á Xunta a velar pola legalidade vixente no conservatorio de Monforte “ante a discriminación salarial e laboral, por razón de xénero, e reparar unha situación que se prolonga no tempo.” PSOE e PP votaron en contra da proposta nacionalista.

Segundo explicou Carme Aira, o conservatorio municipal de Monforte conta con dez docentes e atende a un cento de nenos da comarca. Seis das dez persoas traballadoras teñen un vínculo contractual co Concello de Monforte como persoal laboral fixo e “desas seis persoas traballadoras, catro son mulleres cun contrato que reflicte 30 horas lectivas á semana da que cobran actualmente 26.”

Foto da xuntanza / BNG

Esta circunstancia, afirmou Aira, é coñecida polo goberno municipal ao igual que a “fenda salarial” de 11.000 euros a respecto dos seus compañeiros de traballo. Asegura a nacionalista que “estas condicións laborais irregulares xeran unha grande incomodidade que o goberno do concello de Monforte pretende resolver con man dura e medidas que rozan á ilegalidade.

A deputada apelou ás competencias do goberno galego, Secretaría  Xeral de Igualdade e consellerías de Emprego e Educación para reparar unha situación discriminatoria e recuperar a “legalidade” do profesorado do Conservatorio de Música de Monforte.

A postura do PP

A deputada popular, Raquel Arias, insistiu en que o Concello de Monforte inicie un proceso de diálogo dirixido a reconducir a situación do conflito laboral que mantén co equipo de profesores do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez e que garanta o bo funcionamento interno deste centro. Neste senso, lembrou que esta demanda é a mesma que toda a oposición municipal trasladou ao Goberno municipal o pasado 7 de maio, polo que criticou “o cambio de postura do BNG ao pretender agora trasladar á Xunta un problema que non é da súa competencia”.

Conservatorio Parlamento / PP provincial

Raquel Arias sinalou que “a práctica totalidade dos mestres do Conservatorio reclaman condicións laborais e salariais acordes coa súa función como traballadores dun conservatorio de música. Algo tan básico como que haxa igualdade salarial entre homes e mulleres ou que os seus horarios se adapten ao calendario de educación, de obrigado cumprimento, e non ao do persoal de obras dos concellos”. 

Deste xeito, Arias apelou ao “diálogo entre os responsables municipais e o seu persoal para resolver este conflito laboral”, para o que amosou a disposición da Xunta de sumarse a este diálogo na busca dunha solución.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...