HomesociedadeComezan os paseos en barca polo río Cabe tras renovar o embarcadoiro...

Comezan os paseos en barca polo río Cabe tras renovar o embarcadoiro do Parque dos Condes

Dende as 18:00 horas deste xoves, 1 de xullo, monfortinos e visitantes xa poden disfrutar dos tradicionais paseos en barca polo río Cabe. A actividade prolongarase ata o 30 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano coma novidade, o Concello estrea 2 embarcacións novas que foron feitas ex profeso para esta actividade, que se engaden ás 4 barcas xa existentes. Ademais, o Concello ven de renovar o embarcadoiro do Parque dos Condes, que é o lugar dende onde saen os paseos en barcas, destinando para elo un investimento de 19.662,50 €, mellora que foi levada a cabo pola empresa Grupo Eurored SL.

Alcalde salienta que dende o Equipo de Goberno determinamos manter esta actividade, pese a que segue presente a incidencia do Coronavirus, porque “é unha tradición que mantemos no Concello dende hai anos,  e que permite gozar dunha perspectiva diferente da nosa cidade e que soamente é posible ter dende o río”. 

Dende o Equipo de Goberno, tendo en conta as recomendacións das autoridade sanitarias ante a crise da COVID-19 dentro do estado actual de Transición cara a Nova Normalidade, establécense unha serie de normas de seguridade e hixiene para a utilización das barcas:

  • É obrigatorio o uso de máscaras sanitarias.
  • A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
  • Os usuarios contarán con chalecos salvavidas se son solicitados.
  • O encargado do servicio establecerá distancias de seguridade no caso de ser necesario.

Club de Montaña e Piragüismo Quixós encárgase da xestión desta actividade, tanto do mantemento e condución das barcas como dos cobros e atención ós pasaxeiros. O punto de inicio dos percorridos será o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, custará 3,25 euros como en anos anteriores.

Estas pequenas travesías en barca poderán facerse nos seguintes horarios:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas 
  • Fins de semana e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas. 

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...