HomeCulturaQueres participar nun roteiro para mergullarte no mundo da artesanía lucense?

Queres participar nun roteiro para mergullarte no mundo da artesanía lucense?

O 5 de xullo abre o prazo para inscribirese en 'Lugo é Artesanía', un conxunto de visitas por obradoiros que se celebrarán nos meses de xullo, agosto e setembro.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) bota a andar o programa ‘Lugo é Artesanía’, unhas visitas guiadasata unha vintena de obradoiros situados nas distintas comarcas lucenses durante os meses de xullo, agosto e setembro. Estas actividades ofrécense en dous formatos diferentes: por unha banda, propóñense unhas ‘Xornadas Viaxeiras’para asistir a diferentes obradoiros e “afondar na relación que cada oficio garda coas características físicas do territorio, o seu patrimonio cultural e etnográfico”; e por outra banda, preséntase o ‘Experimenta Artesanía’, que procura “profundar nas técnicas e nos proxectos profesionais de cada persoa artesá”. Estas visitas desenvolveranse ao longo de Mondoñedo, Ribeira Sacra e Sarria, Lugo, A Mariña ou Riotorto.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...